perspectivismo

perspectivismo

(< perspectiva)

  1. s m [FILOS]

    Doutrina pola que as cousas e o mundo en xeral teñen que ser considerados desde diferentes puntos de vista, pois con cada un ofrece unha perspectiva única e indispensable para o coñecemento do conxunto. A monadoloxía de G. H. Leibniz pode considerarse perspectivismo. No pensamento contemporáneo son numerosas as figuras que elaboraron o concepto de perspectiva ou que propuxeron métodos perspectivistas, como Jean-Paul Sartre, M. Merleau-Ponty, B. A. W. Russell, A. N. Whitehead ou J. Ortega y Gasset.

  2. s m [LIT]

    Técnica narrativa que consiste en presentar os feitos narrados desde diversos puntos de vista co fin de mostrar a complexidade do que se intenta describir.