propósito

propósito

(< lat proposĭtu)

  1. s m

    Aquilo que un se propón realizar.

    Ex: Ten o propósito de gañar. 

  2. s m

    Intención de facer algo.

    Ex: Non era o meu propósito enfadarte.

Frases feitas

  • 1 Con intención. SIN: adrede

  • A propósito loc adv

  • . Ex: Non o mancou a propósito. Vou ir a propósito para vela.

  • 2 Adecuado ao asunto ou ao caso de que se trata. Ex: Ese pau é a propósito para facer un bastón.

  • 3 Expresa que se vai dicir algo que acordou de súpeto. Ex: A propósito! Préstasme o coche?

  • A propósito de loc prep Con ocasión de, respecto de.