proposición
(< lat propositiōne)
-
-
s
f
Acción e efecto de propoñer ou propoñerse.
Ex: Todos aceptan a súa proposición. Fixeron unha proposición de paz.
Sinónimos: oferta, ofrecemento, proposta. -
proposición de lei /
[DER/POLÍT]
Texto que contén prescricións normativas que se presenta no Parlamento baixo a iniciativa do Congreso, do Senado ou das asembleas das comunidades autónomas. Se o presenta o goberno, fálase de proxecto de lei.
-
s
f
-
-
s
f
Enunciado, sobre todo de carácter doutrinal, filosófico, teolóxico ou dogmático.
-
proposición de fe
[RELIX]
Verdade de fe.
-
s
f
-
s
f
-
[FILOS]
Contido lóxico do xuízo, do acto mediante o que se afirma ou nega algo (predicado) dalgunha cousa (suxeito) na lóxica tradicional. Entre as diferentes divisións cómpre mencionar a correspondente á distinción entre proposición simple, tamén denominada categórica, predicativa ou enunciativa, en que un concepto se une a outro mediante a cópula, e proposición composta, resultante da combinación de proposicións simples ou dunha destas con outros termos ou elementos.
-
Sentenza, na lóxica simbólica, cun esquema cuantificacional atómico que inclúe letras predicadas (‘F’, ‘G’, ‘H’; correspondentes ao verbo ou predicado verbal) e letras argumentos (‘w’, ‘x’, ‘y’, ‘z’; correspondentes ao suxeito). No esquema loxístico, prescíndese da representación tradicional de proposición (un suxeito e un predicado unidos pola cópula ‘e’), e establécese, en cambio, que nas proposicións un predicado é afirmativo dun argumento. O atomismo lóxico divide as proposicións en atómicas e compostas, e estas en negativas, disxuntivas, conxuntivas e hipotéticas.
-
Contido de coñecemento diversamente determinado segundo a súa orixe ou validez, nunha perspectiva e valoración epistemolóxicas e non simplemente lóxicas do xuízo. Neste sentido as proposicións divídense en a priori e a posteriori, segundo sexan independentes ou dependentes da experiencia.
-
[FILOS]
-
s
f
[LING]
-
Conxunto de palabras organizado en estrutura de oración, pero sen independencia sintáctica.
-
Oración, ou estrutura de oración, que forma parte dunha oración composta.
-
-
s
f
[LIT]
Parte do discurso en que o orador enuncia a materia de que quere tratar.
-
[RELIX]
pans da proposición.