Poder Obreiro

Poder Obreiro

Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1981. Funcionou como boletín local da Confederación Sindical Galega nesa cidade. De carácter reivindicativo e orientado aos sectores obreiros, amosou unha fonda preocupación polo problema do paro na comarca. Nas súas portadas apareceron algunhas ilustracións de Castelao.