Sarkozy, Nicolas
Político. De nome completo Nicolas Paul Stéphane Sarkozy de Nagy-Bocsa, graduouse en dereito civil pola Universidade de París X Nanterre e exerceu como avogado especializado en dereito familiar e de empresa. Comezou a carreira política con 22 anos ao ser elixido concelleiro da cidade de Neuilly-sur-Seine, da que tamén foi alcalde de 1983 a 2002. En 1988 conseguiu a acta de deputado no Parlamento Francés. Nos anos 1993-1995 foi ministro de Finanzas e portavoz do Executivo no gabinete de Édouard Balladur. En 2002 foi nomeado ministro do Interior durante o mandato de Jean-Pierre Raffarin, posto que desempeñou ata marzo de 2004, cando pasou a ser ministro de Economía, Finanzas e Industria. En novembro de 2004 dimitiu do seu cargo por ser designado líder de Unión por un Movemento Popular (UMP). En maio de 2005 retomou o ministerio baixo o goberno de Villepin, durante o período de disturbios nos suburbios das grandes cidades francesas. En maio de 2007 foi elixido presidente da República Francesa ao derrotar a súa rival nas eleccións, a socialista Ségolène Royal.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París