Cal Figueroa, David
Piragüista. Compite dende 1999 sendo as súas especialidades o C1-500 e o C1-1000, distancias nas que actualmente é campión do mundo e campión olímpico. Obtivo dúas pratas no Campionato do Mundo en Gainesville e no de Europa en Poznan, os dous no ano 2003. Nas Olimpíadas de Atenas 2004 gañou unha medalla de ouro e outra de prata, cousa que non conseguira antes ningún outro deportista español. No 2005 obtivo outra medalla de prata no mundial de Zagreb e dous anos despois dúas de bronce no europeo de Pontevedra. Nese mesmo ano de 2007 gañou unha medalla de ouro e outra de bronce no Campionato de Mundo en Duisburg. Nos seguintes Xogos Olímpicos, Beijing 2008, fíxose con dúas medallas de prata unha en cada unha das súas duas especialidades. Foi abandeirado español en dúas ocasións, na cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e na de apertura en Beijing 2008.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vilariño, O Hío