Laden, Osama ben

Laden, Osama ben

De nome completo Usāmah bin Muhammad bin `Awad bin Lādin. Procedente dunha rica familia saudí orixinaria do Iemen é considerado o fundador e cabeza da organización terrorista islamita al Qaida, involucrada en ataques contra obxectivos civís e militares en todo o mundo. O goberno dos Estados Unidos sinalou a bin Laden como planificador dos ataques do 11 de setembro de 2001. Graduado en enxeñería civil pola Universidade Rei Abdul Aziz, trala invasión de Afganistán por parte da Unión Soviética en 1979, uniuse á resistencia afgana. En 1988 organiza al-Qaeda, e tras a invasión de Kuwait por Iraq en 1990 ofreceu axuda a Arabia Saudí para a súa defensa. Ao se negar o goberno saudí, bin Laden denuncia a presenza norteamericana e pide a saída das tropas estranxeiras do país organizando diversos ataques terroristas en todo o mundo durante a segunda metade da década dos 90, sendo os máis importantes o de Arabia Saudi en 1996 contra obxectivos norteamericanos, o de 1997 en Exipto contra turistas e os ataques simultáneos ás embaixadas estadounidenses en Nairobi e Dar es Salaam en 1998. Na actualidade crese que podería estar escondido nalgún lugar da fronteira entre Afganistán e Paquistán, pero isto non foi nunca confirmado.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Riy&#