Cruz Sánchez, Penélope
Actriz. Dende moi pequena interesouse polo mundo das artes e a interpretación estudando ballet clásico durante nove anos no Conservatorio Nacional de Madrid e participando en diversos cursos de prestixio durante os seguintes anos. Compaxinou estes estudos coa aparición en videoclips e na televisión. Os seus primeiros papeis de sona foron en “Jamón, jamón”, de Bigas Luna e en “Belle Époque”, filme dirixido por Fernando Trueba e que gañou o Óscar á mellor película de fala non inglesa no 1993. O seu primeiro traballo co director Pedro Almodóvar foi en 1997, na película “Carne trémula”, a esta colaboración seguirían “Todo sobre mi madre”, “Volver” e “Los abrazos rotos”. A súa primeira aparición nun filme rodado nos Estados Unidos foi en “The Hi-lo countrie” de Stephen Frears. Dende entón leva rodadas máis de 15 filmes neste pais e noutros como Francia, Italia ou o Reino Unido. Ten no seu haber tres premios Goya, o último no ano 2008, un Óscar da Academia nese mesmo ano e froito da súa colaboración con Woody Allen en “Vicky Cristina Barcelona”, un premio BAFTA e moitos outros outorgados ao longo da súa extensa carreira como actriz.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Alcobendas