Messi, Lionel Andrés
Messi, Lionel Andrés
Futbolista. Comezou a súa carreira como dianteiro no ano 1995 co Newell's Old Boys, onde xogou ata 2000. Con trece anos incorporouse ao Barcelona, onde empezou en Infantil A e foi ascendendo rapidamente ata o primeiro equipo, no que debutou con só dezaseis anos. Participou no Mundial sub 20 de Holanda 2005, no que a súa selección acabou como campiona e el como máximo goleador e mellor xogador. Pouco despois debutou na selección absoluta arxentina. Como xogador do Barça leva gañadas tres Ligas, dúas Ligas de Campións e unha Copa do Rei.
Cronología
-
Nacemento