Alonso Fernández, Jesús

Alonso Fernández, Jesús

Presidente e fundador do grupo empresarial galego JEALSA RIANXEIRA. Primeiro fillo dunha familia de catro irmáns. Aos 13 anos, os seus pais, que poseían unha pequena tenda de ultramarinos, envíano a estudiar a Vilagarcía de Arousa. Coa formación adquirida, ingresa na sucursal do Banco Hijos de Olimpio Pérez na cidade arousana. Con 18, abandona o seu emprego e retorna a Boiro para facerse cargo dunha pequena tenda familiar de tecidos e paquetería. En 1954, con tan só 25 anos, compra una máquina tricotosa manual, e crea a súa primeira empresa: JEALFER. En 1969, inaugura unha moderna fábrica de punto, en Vimieiro - Boiro, unha das poucas industrias textiles que sobreviven actualmente en Galicia. En 1957, casa con Purificación Escurís Batalla, membro dunha histórica estirpe conserveira galega, coa que terá cinco fillos. En 1958, aluga unha pequeña fábrica de conservas en Vilaxoán (Pontevedra), xerme da actual JEALSA, primeira empresa do sector de Europa e segunda do mundo, e propietaria da emblemática marca RIANXEIRA. En 1965, inaugura unha nova fábrica en Bodión, Boiro, onde traslada toda a produción. En 1974 funda, xunto a outros socios, a empresa Albacora, a maior industria pesqueira mundial de atún. Na actualidade, Jealsa Rianxeira está integrada por máis de 20 sociedades que operan agrupadas en tres divisións: Conservas de peixe e marisco, Pesca e auxiliares e Medioambiente e enerxía. O grupo creado por Jesús Alonso, figura en quinto lugar no ranking industrial galego, dá emprego a máis de 3.000 traballadores, a meirande parte mulleres; factura preto de 400 millóns de euros anuais e conta con factorías en Europa, América e África. Cumprida a idade de xubilación, Jesús Alonso decidiu servir ao seu concello, do que foi alcalde desde 1995 ata 2003.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Boiro, A Coruña