Álvarez Fernández, José Carlos

Álvarez Fernández, José Carlos

Economista e catedrático. Profesor mercantil desde 1964, en 1970 licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais e entrou a impartir clases na Escola de Empresariais de Vigo. En 1981 acadou o doutorado e pasou de profesor asociado a agregado, converténdose pouco despois (1983) no primeiro catedrático que tivo este centro como Escola Universitaria. Da súa experiencia profesional ao marxe da docencia destaca a súa etapa en Caixavigo, primeiro como director da área de empresas (1981-1986) e logo como director xeral da Escola de Negocios (1987-2000). Fundou tamén dúas empresas, Estrategia y Organización, S.A. (EOSA, 1993-2005) e DPI Consultores (2007-). Ten publicados oito libros de temas empresariais, entre os que destacan La PYME-competitividad: Gestión e Implantación (Alta dirección, Barcelona 1996) e Dirección por Implicación: El cambio estratégico (Pirámide, Madrid 2006), e máis dunha ducia de artigos publicados en revistas como Economía y Empresa ou Actualidad Financiera. Tamén ten feitos varios traballos de investigación, entre os que destaca o titulado Un modelo para la mejora de la competitividad de la empresa gallega (2007), que foi aplicado no proxecto DEGA (Desenvolvemento da empresa galega) da Xunta de Galicia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sober