Abal Valverde, Carlos Javier
Empresario galego. Logo de formarse como analista programador informático en 1979 na escola de formación de Seresco en Vigo, fundou en 1984 Input Sistemas, da que foi director técnico até 1989. Nese mesmo ano fundou Open Soft Servicios Informáticos, unha das empresas tecnolóxicas de maior proxección no mercado galego, da que é administrador e director de tecnoloxías. A súa especialidade é o desenvolvemento de software de xestión empresarial para sectores verticais, entre os que ten ampla experiencia no ámbito da distribución, a alimentación, a hostalería e os seguros. Dende 2007, ano no que completou a súa formación cun curso de dirección de empresas TIC na Escola de Negocios de Caixanova, ampliou a súa actividade a novos sectores, como a seguridade da información (Os-NetBack), polo que lle concederon o premio INEO á mellor aplicación TIC de Galicia no ano 2010, e á eficiencia enerxética intelixente (Os-Sinergy). Secretario e tesoureiro de INEO, a asociación de empresas de tecnoloxía de Galicia, dende 2014, da que, en xaneiro do ano 2018 foi nomeado presidente.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nigrán