4 a

4 a

(

  1. prep

    Expresa relacións circunstanciais de lugar que poden denotar: a) localización espacial fixa, é dicir, o lugar onde está ou se desenvolve algo.

    Ex: O souto está á man esquerda; b) fin dun movemento en sentido propio ou figurado. Ex: A contaminación non chegou ó río. Pode alternar con para pero este último engade a idea de permanencia no lugar que indica o substantivo. Ex: Foi estudar a/para Portugal. Con verbos de movemento, pode concorrer coa prep en, pero esta última indica perfección da acción e repouso no lugar expresado. Ex: Vai á/na tenda; c) dirección ou relación cara a un punto. A miúdo aparece en correlación coa preposición de e alternando con cara a e contra. Ex: Vai de Lugo a Guitiriz. Ten unha casiña ó/cara ó norte. Tamén se utiliza en enunciados como Calou por respecto a teus pais.

  2. prep

    Expresa relacións circunstanciais de tempo que denotan: a) momento en que se produce ou se desenvolve algo.

    Ex: Entrou á noitiña. Morreu ós oitenta anos; b) remate dun lapso de tempo e a miúdo en correlación coa preposición de. Ex: Traballa de sol a sol. Chegaron a fin de mes.

  3. prep

    Expresa medio, instrumento, procedemento ou método nos seguintes casos: a) formando expresións adverbias fixas ou locucións preposicionais e conxuntivas.

    Ex: á mala fe, ás apalpadelas, ás escuras, a pesar de; b) Diante de substantivos como uso, maneira, costume ou expresións elípticas con ese significado, equivale a ‘segundo’. Ex: Onte comemos pescada á galega; c) outros contextos. Ex: Tantas lle fixo que a matou a desgustos. Vai a pé ó monte.

  4. prep

    Introduce o complemento directo nos seguintes casos: a) diante dos antropónimos -cando non van precedidos dun artigo- e diante dos pronomes persoais tónicos con referente de persoa.

    Ex: Onte vin a Antía na rúa. O seu fillo é cuspidiño a ela; b) no segundo termo da comparación, cando esta se establece entre complementos directos. Ex: Quéroo coma a un fillo; c) na correlación un a outro e con moita frecuencia ante todos referido a persoas e ante algúns outros cuantificadores (alguén, calquera, ninguén, etc). Ex: Péganse un a outro. Convidamos a todos á inauguración. Non llo dixen a ninguén; d) Pode usarse ademais entre outros pronomes ou frases nominais referidas a persoas para evitar ambigüidades entre o suxeito e o complemento directo. Ex: Non paraban de molestar ós veciños; e) nos demais contextos debe evitarse o seu emprego: Ex: Abandonaron os seus ideais e non *abandonaron ós seus ideais. Matei o vello e non *matei ó vello.

  5. prep

    Introduce sempre o complemento indirecto.

    Ex: Conteille a María as túas argalladas.

  6. prep

    Emprégase para expresar distribución proporcional cando precede a substantivos que indican cantidade.

    Ex: Os grelos están a cincocentas pesetas o monllo. Tamén indica prezo e pode estar ou non precedida da preposición de. Ex: Os caramelos son a/de a peso.

  7. prep

    Pode adquirir o significado de ‘en canto a’, ‘en relación con’.

    Ex: No que respecta a isto, non se fale máis.

  8. prep

    Indica exposición aos axentes meteorolóxicos ou físicos.

    Ex: Miña avoa ten o costume de sentarse á raxeira.

  9. prep

    En determinados casos pode marcar unha contraposición.

    Ex: Prefire saír a quedar na casa.

  10. prep

    Nunha expresión exclamativa breve e seguida de infinitivo indica unha orde ou decisión.

    Ex: A calar!

  11. prep

    Dependendo de determinados verbos que rexen complemento preposicional, expresa unha relación de transmisión ou de dirección afectiva.

    Ex: Con esta medida, contribuímos ó pagamento do IVE. Accedeu a esta petición sen ningunha obxección.

  12. prep

    Adquire diferentes valores cando introduce un infinitivo que forma parte ou non dunha perífrase verbal: a) no infinitivo xerundial expresa aspecto imperfectivo e equivale a un xerundio.

    Ex: Ti eras a cantar e bailar sen parar. Están a facer os exercicios; b) indica repetición da acción cando vai detrás de formas como veña, auxiliar volver ou outros verbos similares. Ex: E el veña a mallar na herba; c) a construción a + (art) + infinitivo ten valor perfectivo que equivale a en + xerundio. Ex: Ó saíren do traballo foron ó cine. Cos auxiliares chegar e vir forma perífrase aspectual terminativa. Ex: Mesmo chegou a dicir que non se responsabilizaba dos seus actos. Aquel bosquexo inicial veu a dar nun grandioso edificio; d) con verbos de movemento indica obxecto, intención ou finalidade e alterna con para. Ex: Veu a saber qué fora o que pasara. Cos verbos auxiliares estar e andar forma perífrase con valor de futuridade inmediata. Ex: Está a morrer; e) forma perífrase aspectual incoativa con verbos como botar(se), correr, poñerse, pasar, romper, etc. Ex: Ante a reacción de seu irmán, non puido aguantar e botouse a rir.

  13. prep

    Contrae co artigo determinado e resultan as seguintes formas: ao (ao), á, aos (aos) e ás.

    Ex: Onte pola noite foi ao (ao) cine. Xoana tenlle medo á escuridade. Concedéronlles un premio aos (aos) vellos mariñeiros. O concerto de Milladoiro comezou ás dez e media da noite.

Palabras veciñas

1 a | 2 a | 3 a | 4 a | 5 a | 1 á | 2 á