A
-
[AUTOM]
-
Sigla de Alacant na placa de matrícula.
-
Sigla de Austria na placa do estado.
-
-
[FÍS]
Símbolo do número de masa.
-
[FÍS]
Letra que designa a primera das liñas de Fraunhofer, a que ten unha maior lonxitude de onda.
-
[FILOS]
Figura luliana (Ramón Llull ) circular, cun A no centro, que fai referencia ao ente en tanto que ente, rodeada de diversas letras que representan as diversas dignidades (a bondade, a verdade...), que son atributos esenciais de Deus.
-
[BIOL]
Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero) . Os individuos do grupo A presentan eritrocitos con aglutinóxeno A e plasma con aglutinina B (anti-B). En principio poden recibir sangue dos grupos A e 0 e poden donárllela aos grupos A e AB.
-
[METROL]
Símbolo do ampere.
-
[MÚS]
Signo gráfico do primeiro son grave da notación alfabética orixinal, nacida en Grecia, dende que no século V as letras latinas substituíron as gregas na notación musical occidental. A partir do s X converteuse no equivalente do moderno la, sexto grao da escala do do. Na actualidade o signo A emprégase na notación musical alemana e anglosaxona.
-
[LIT]
Sigla empregada habitualmente nos manuais de lírica trobadoresca galego-portuguesa medieval para designar o Cancioneiro da Ajuda .
-
[XEOL]
Letra que designa o horizonte superior dos solos, máis escuro, máis solto e máis humífero, en xeral, ca os inferiores.
-
[FILAT]
Na época do correo prefilatélico (1716-1849), cando non existían selos de correo, os destinatarios non aboaban as cartas na súa maioría, pero noutros casos pagábanas os remitentes e por iso na carta estampábase o signo ou marca A, como sinal de ter sido aboado o importe.
-
ácido A
[QUÍM/IND]
Nome comercial do ácido 1,7-dihidroxi-3,6-naftalendisulfónico, produto intermediario na fabricación de colorantes.
-
bomba A/ bomba atómica
[TECNOL]
bomba nuclear.
-
vitamina A
[BIOQ]
retinol.