Abades, santuario de
Abades, santuario de
Santuario situado en Silleda, dedicado á Virxe dos Desamparados levantado en orixe baixo a dirección do mestre de obras Melchor Ricoi ao longo do século XVII. Edificio resolto cunha planta de cruz latina seguindo os ideais estéticos do Neoclasicismo. Destaca a súa concepción espacial e a torre campanario, onde se aprecia o tránsito do Barroco cara ao Neoclásico.