abafante
abafante
(
-
adx
Que obstaculiza o paso do aire e dificulta a respiración.
Ex: A calor abafante daquel local fixo que a xente decidira tomar o aire.
Sinónimos: asfixiante, atafegante, sufocante. -
adx
Que desprende un mal cheiro.
Ex: Nesa fábrica abafante non hai quen traballe a gusto.
Sinónimos: fedorento. Antónimos: recendente. -
adx
Aquela persoa que non deixa de importunar a outra e que chega a causar enfado.
Ex: Voume, este Xosé é abafante.