abafo
abafo
(< abafar)
-
s
m
Dificultade ao respirar.
Ex: Ó rematar de subir a costa, apoiouse nun muro para que lle pasase o abafo.
Sinónimos: abafamento, acoramento, acoro, afogamento, afogo, asfixia, atafego, sufocación. -
s
m
Sensación desacougante desencadeada por situacións de difícil resolución ou de moita responsabilidade.
Ex: A súa difícil situación familiar provócalle un grande abafo.
Sinónimos: abafamento, afogo, apuro. Antónimos: desabafo, desafogo. -
s
m
Alento que fede.
-
s
m
Acto ou palabra que ofende.
Sinónimos: agravio, ofensa.