Abánades
Abánades
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria do Libredón (Compostela). Descende de Rui Pérez de Abánades, señor de Abánades alá polo 1080 e ricohome de Afonso VI ao que serviu nas conquistas de Guadalajara, Madrid e Toledo. As súas armas levan escudo partido que presenta, en campo de sable, un parrulo ao natural nadando sobre ondas de azur e prata e, en campo de azur, un castelo de ouro cun brazo saínte de prata empuñando unha espada do mesmo metal; o bordo é de goles e leva oito estrelas de ouro.