Abaña

Abaña
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. Toma o seu nome do concello da Baña, que recibe a súa denominación do río homónimo. Etimoloxicamente, este termo alude a un líquido e semella estar relacionado co latín balneu ‘baño, charco, lugar de auga’.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe de orixe galega que se espallou polo Reino de León. As súas armas levan, en campo de prata, catro paos de goles.

Palabras veciñas

abalorio | Abamonti, Giuseppe | abampere | Abaña | Abánades | abanadoiro | abanador