abano

abano

(< lat vannu)

  1. s m
    1. Instrumento que serve para producir correntes de aire co fin de refrescarse.

      Sinónimos: abanador, abanico, paipai.
    2. Lámina rectangular de cartón, pegada por un dos lados a unha vara que fai de mango e que serve para dar aire.

      Sinónimos: abanador, abanico.
    3. [ETN]

      Instrumento de mango xeralmente feito de vergas ou material de palla que se emprega para avivar o lume.

      Ex: O lume da lareira esmorece, colle o abano e avívao.

      Sinónimos: abanador, abanico, ventallo.
    4. [HIST]

      Lámina semicircular de tea ou papel, montada sobre outras láminas móbiles delgadas e planas de madeira, marfil ou nácara. Estas están unidas por un dos extremos mediante un mango que fai de eixe de xiro, e que permite despregalo ou pregalo en semicírculo. Os primeiros abanos de finais do XVI eran de papel de vitela e diversamente adornados de puntillas, pedrerías e mais de espellos. Nos ss XVIII e XIX adoitábase decoralos con pinturas, a miúdo de artistas coñecidos.

  2. s m [AGR]

    Caixa de fondo amplo e sen buracos con bordo baixo, empregada para aventar o trigo e outros cereais.

    Confrontacións: criba, peneira.
  3. s m [MAR]

    Golpe ou refacho de vento.

  4. s m

    Gama ou serie de cousas diversas que comparten algunha característica común e entre as que hai que escoller.

    Ex: Ofrecinlle todo un abano de posibilidades para que continuase no seu posto de traballo.

    Sinónimos: abanico. Confrontacións: diversidade, variedade.
  5. abano aluvial [XEOG]

    cono de dexección.

Palabras veciñas

abanicar | abanico | Abanilla | abano | Abano | Abanos | abanqueiro