abano
(< lat vannu)
-
s
m
-
Instrumento que serve para producir correntes de aire co fin de refrescarse.
Sinónimos: abanador, abanico, paipai. -
Lámina rectangular de cartón, pegada por un dos lados a unha vara que fai de mango e que serve para dar aire.
Sinónimos: abanador, abanico. -
[ETN]
Instrumento de mango xeralmente feito de vergas ou material de palla que se emprega para avivar o lume.
Ex: O lume da lareira esmorece, colle o abano e avívao.
Sinónimos: abanador, abanico, ventallo. -
[HIST]
Lámina semicircular de tea ou papel, montada sobre outras láminas móbiles delgadas e planas de madeira, marfil ou nácara. Estas están unidas por un dos extremos mediante un mango que fai de eixe de xiro, e que permite despregalo ou pregalo en semicírculo. Os primeiros abanos de finais do XVI eran de papel de vitela e diversamente adornados de puntillas, pedrerías e mais de espellos. Nos ss XVIII e XIX adoitábase decoralos con pinturas, a miúdo de artistas coñecidos.
-
-
s
m
[AGR]
Caixa de fondo amplo e sen buracos con bordo baixo, empregada para aventar o trigo e outros cereais.
Confrontacións: criba, peneira. -
s
m
[MAR]
Golpe ou refacho de vento.
-
s
m
Gama ou serie de cousas diversas que comparten algunha característica común e entre as que hai que escoller.
Ex: Ofrecinlle todo un abano de posibilidades para que continuase no seu posto de traballo.
Sinónimos: abanico. Confrontacións: diversidade, variedade. -
abano aluvial
[XEOG]
cono de dexección.