peneira

peneira

(

  1. s f

    Instrumento circular formado por un aro de madeira que ten de fondo unha rede, malla ou tea moi fina que serve para separar as partículas de diferente tamaño de fariña e doutras substancias en forma de po.

    Sinónimos: baruto, bortel. Confrontacións: criba, cribo.
  2. s f [ANIMAL]

    Molusco gasterópodo mariño de ata 8 cm de lonxitude que ten a cuncha oval cuberta de nácar na parte interna, en forma de orella, e é de cor parda. Presenta unha liña de orificios respiratorios que se localizan ao longo da marxe esquerda da cuncha e, a medida que o animal crece, os orificios antigos vanse pechando de forma sucesiva. Habita en rochedos da zona infralitoral e presenta hábitos nocturnos. Distribúese polo Atlántico e Mediterráneo, e está presente nas costas galegas. OBS: Tamén se denomina criba.

Palabras veciñas

Penedos, Os | penedoso -sa | Peneguizas | peneira | Peneira, A | peneirada | Peneiral