cribo

cribo

(< lat cribru)

s m

Instrumento xeralmente en forma de caixa circular, cun fondo de coiro con furados ou cunha armazón de arame, empregado para peneirar certas sementes como o trigo, limpando e separando partículas de diferente grosor. Xeralmente a madeira que se emprega para a súa elaboración é de piñeiro e ás veces varía o tamaño e a feitura segundo a súa aplicación. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia o cribo diferénciase da criba, por ser de maior tamaño ou por ter os buratos máis grandes dependendo dos diferentes usos aos que se dedique. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que pola criba non chegue a ver, moi cego ten que ser”.

Confrontacións

peneira

Frases feitas

  • Bailar no cribo/criba. 1 Fervellasverzas, bulebule.

  • 2 Cambiar a opinión dun xeito doado.

  • Bailar nun cribo. Bailar de contento.