criboso -sa
criboso -sa
(< cribo)
-
adx
[BIOL]
Que presenta perforacións.
-
adx
[BOT]
Aplícase ao órgano vexetal, en especial ás follas, que aparentan ter na súa extensión pequenas perforacións.
-
lámina cribosa
[ANAT]
Parte media da lámina horizontal do etmoide, fina e perforada, que permite a comunicación mediante as células olfactorias.
-
tubo criboso/vaso criboso
[BOT]
Conduto formado por células floemáticas alongadas, especializadas na condución de zume elaborado, que teñen as partes transversais da parede celular, que están en contacto coas das veciñas, perforadas. Tamén se denominan placas cribosas ou de vaso liberiano.