Peneira, A
Peneira, A
[PUBLIC]
Quincenario publicado en Ponteareas a partir de febreiro de 1984. Subtitulado “Xornal galego de información comarcal”, estivo dirixido por Xosé M. Currás e, a partir de 1997, por Guillermo Rodríguez. Editado por EGASUR, distribuíuse nas terras do Condado, O Baixo Miño, Redondela e O Porriño. Definido como medio independente, constituíuse como un proxecto alternativo fronte aos grandes medios da prensa provincial. Inclúe información xeral da comarca, de Vigo e de Galicia, con especial atención aos temas socioeconómicos, ao patrimonio e á ecoloxía, ademais de suplementos, como A Peneira Deportiva ou A Peneira na Escola.