abatible
abatible
(< abater)
-
adx
Que se pode abater ou abaterse.
-
adx
Dise do respaldo dun asento, dunha parte dun moble, etc, que se pode abater ou erguer á vontade e mesmo poñer en posición horizontal.
Ex: Na miña casa temos unha cama abatible que usamos cando temos convidados. Os coches poden ter asentos abatibles para aumentar o espazo do maleteiro.
-
caixa abatible
[CONSTR]
ehículo automóbil provisto dunha caixa articulada sobre o bastidor que pode ser envorcado -mecánica ou manualmente- para baleirar a carga. Empréganse en obras públicas e en construción para o transporte de materiais como cemento, áridos, etc.