Abauntz
Abauntz
Xacemento arqueolóxico en cova, situado no concello de Arraiz (Navarra), cunha dilatada secuencia estratigráfica que abrangue dende o Musterense ata a Idade do Bronce. Os momentos máis salientables da súa ocupación son o Madalenense, do que se descubriron diversas estruturas e un interesante conxunto de arte moble sobre soporte lítico, e o Neolítico, con cerámicas lisas e unha industria en sílex herdeira das tradicións epipaleolíticas.