ABC, carta partida por
ABC, carta partida por
Documento escrito por duplicado que se utilizaba para confirmar a autenticidade nos contratos bilaterais. Entre os dous orixinais, colocábanse as letras ABC (ou outras) esparexidas; despois, recortábase o documento para autentificar o contido ao confrontar os dous orixinais.