‘Abd al-Malik

‘Abd al-Malik

Quinto Califa omeia (685-705). Fillo de Marwān I, ao subir ao trono tivo que reconquistar Iraq (690), onde non era recoñecido, e loitar contra Ibn Zubayr, quen lle opuxo resistencia en Arabia ata a súa morte (692). Suprimiu a moeda bizantina e cuñou, por vez primeira, moeda de ouro islámica.