‘Abd al-Ra mān I de Córdoba

‘Abd al-Ra mān I de Córdoba

Primeiro Emir independente do Al-Andalus. Fillo de Mu’āwiya ibn Hišām e considerado único supervivente da matanza que Abū-l-Abbās fixo cos omeias de Damasco. Derrotou a Yūsuf al-Fihrī preto de Córdoba (756) e proclamouse Emir independente (773). Fixo fronte a unha situación inestable no interior e no exterior. Co obxecto de harmonizar o mosaico de pobos que habitaban o Al-Andalus implantou unha política de tolerancia pero, así e todo, tivo que reprimir con dureza numerosas revoltas. Iniciou a construción da mesquita de Córdoba (786).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Córdoba