abecedario
(
-
s
m
[ESCR]
Nome co que se denomina a disposición dos grafemas que constiúen unha lingua nunha orde que pode variar segundo as distintas tradicións de escritura. Descoñécese se foi o fenicio ou exipcio o primeiro en empregarse. Segundo A. C. Moorhouse (1953) todos os sistemas de escritura son variacións dun único modelo que pode ter a súa orixe nun grupo de alfabetos semíticos lixeiramente diverxentes, destacando a relevancia do fenicio xa que del vén o grego, pai das linguas europeas como o galego. A ordenación propia do alfabeto é un reflexo dos principios de ordenación léxica fundamentais e mesmo de estruturación dos saberes propios dunha cultura, como mostra a importancia dos dicionarios. Orixinariamente o termo abecedario significaba só a sucesión ordenada das letras latinas, despois por ampliación semántica pasou a designar calquera alfabeto.
Sinónimos: alfabeto. -
s
m
Conxunto de cadros ou moldes para reproducir unha serie completa de letras e cifras.
-
s
m
[PEDAG]
-
Libro usado nas escolas para aprender a ler as letras, que se dispoñen en orde alfabética. Xa existen en pergameo no século IX.
-
Primeiro cartel dunha serie, na cal os nenos, ata o comezo do s XX, facían a aprendizaxe da lectura, segundo o sistema de Jean-Baptiste de La Salle.
-
-
abecedario tipográfico
[INFORM]
Conxunto de instrucións informáticas que permiten representar en documentos de diferentes aplicacións tipos de letra cunhas características determinadas.