alfabeto

alfabeto

(< lat tardío alphabētu < gr primeiras letras )

  1. s m [LING]

    Conxunto de letras empregadas na escritura dunha lingua. É unha palabra composta coas dúas primeiras letras do alfabeto grego, αλ ϕ α (alfa) e βετα (beta). Tamén se utiliza o termo abecedario. É o tipo de escritura máis común no mundo de hoxe e oponse á escritura ideográfica e á silábica. O alfabeto é un sistema de escritura baseado no principio da correspondencia dun signo para cada son ou fonema. O descubrimento do alfabeto correspóndelles principalmente aos fenicios.
    O alfabeto fenicio

    O interese polo alfabeto fenicio radica no feito de ser o único que sobreviviu e que deu orixe a todos os grandes sistemas de escritura (agás o de Extremo Oriente) adoptados logo en calquera parte do mundo. Nunha primeira fase o alfabeto fenicio era consonántico. As figuras desta fase atopáronse en Biblos, e o seu alfabeto denomínase fenicio arcaico. Consta de 22 letras, só consoantes, sen que se indique a súa vocalización. Unha variedade é a escritura púnica, menos sobria, de trazos máis longos e lixeiramente sinuosos. Durou ata o s III d C. Os nomes fenicios exactos das letras son descoñecidos e só poden ser conxecturados a partir dos nomes hebreos, gregos ou sirios. Os nomes gregos testemúñanse entre os séculos VI e V a C. No que se refire aos nomes hebreos, existe unha transcrición grega e unha tradición talmúdica tardía. Para os nomes sirios, existen abecedarios sirios dos séculos VII e VIII. En canto á orde das letras, o alfabeto fenicio sufriu, moi probablemente, a influencia do ugarítico, que tendía a pór seguidas as letras semellantes que, por este motivo, se prestaban a confusión para o principiante. A maior parte dos científicos admiten unha relación entre os signos e os nomes.
    Os alfabetos gregos

    Pódese afirmar con bastante fundamento que os gregos utilizaron o alfabeto polo menos dende os comezos do século IX a C. A lingua grega posuía particularidades que dificultaban enormemente a anotación por medio da escritura silábica cretense ou a consonántica fenicia. Os gregos adaptaron a escritura consonántica fenicia á súa lingua, resolvendo un dobre problema. Dunha banda, modificaron o valor de certos signos consonánticos e reduciron outros á anotación das vocais. Ademais, e sobre todo, concibiron a idea da descomposición total da sílaba en consoantes e vocais eliminando totalmente a anotación silábica. Esta adaptación viuse facilitada polo feito de que a lingua grega foi anotada primeiro coa escritura silábica cretense, a denominada lineal B, que presenta xa as cinco vocais gregas e coñece só as sílabas abertas con consoante inicial.
    Alfabetos derivados do grego

    Ó se iniciar a evanxelización dos godos, no século IV, o Bispo ario Wulfilas compuxo un alfabeto para a escritura do gótico. A tradución que se fixo da Biblia é o monumento máis antigo. Tomou como base o alfabeto grego que se utilizaba daquela. O alfabeto copto ten 31 letras, 24 delas trasladáronse ao grego. O alfabeto armenio antigo tiña 36 letras, 31 consoantes e 5 vocais, delas 22 son de orixe grega e as outras 14 representan sons estraños ao grego. A forma máis antiga coñecida da lingua eslava é o eslavón (eslavo antigo), testemuñada dende os séculos IX-X por documentos de carácter relixioso, escritos cos alfabetos glagolítico e cirílico. O alfabeto glagolítico consta de 40 signos, moitos deles teñen un valor silábico; actualmente non se admite a orixe grega deste alfabeto. O alfabeto cirílico consta de 40 signos, 24 deles derivan da escritura uncial grega dos séculos VIII-X. No que respecta ao resto, tomou moitos signos do glagolítico. Pedro o Grande (1682-1725) ordenou unha simplificación e reduciuse a 34 letras. O alfabeto ruso estendeuse amplamente polos pobos eslavos de Occidente.
    Alfabetos etruscos e itálicos

    A escritura etrusca constituíu un sistema alfabético moi próximo e derivado evidentemente do grego. Do mesmo xeito ca os gregos, os etruscos empregaban un determinado número de signos para representar as vocais. Consignábanse, pois, todos os sons e non unicamente as consoantes. Os testemuños máis antigos son o alfabeto modelo de Marsiliana, aproximadamente do 700 a C, e a estela de Fiesole cara ao 550 a C. Os testemuños máis tardíos datan aproximadamente da era cristiá. Falábase aínda a lingua etrusca cando a escritura cedera xa á latina. A forma máis antiga do alfabeto, a de Marsiliana, ten 26 letras, das que 21 son consoantes e 5 vocais. A forma clásica contén só 24, delas 4 son vocais. Finalmente, reduciuse a unha vintena. No alfabeto etrusco máis antigo, das 26 letras, 22 son fenicias e 4 tomadas dun alfabeto grego occidental, non precisado. Antes de que o alfabeto latino se impuxera por toda Italia coa conquista romana, existían na Península un gran número de alfabetos locais, cada un deles servía para unha lingua ou dialecto. As súas modificacións e variacións fixéronse segundo a fonética de cada lingua, xa que non todas pertencían ao mesmo tronco. Os pobos que falaban estas linguas recibiron unha grande influencia da civilización etrusca; ás veces, é difícil precisar se tomaron o alfabeto directamente do grego ou por mediación do alfabeto etrusco. Estes alfabetos poden reunirse en tres grupos: o do alfabeto mesapio e o siciliano, que parecen derivar directamente de alfabetos gregos; o do alfabeto piceno e o de Novilara, aínda que non está moi clara a súa relación co alfabeto etrusco e grego; e dos alfabetos osco, umbro, falisco e latino, que parecen provir do alfabeto etrusco.
    O alfabeto latino

    O alfabeto latino, como todos os alfabetos etruscos e itálicos, era orixinariamente un alfabeto grego de tipo occidental. De aquí arrancan a maioría das diferencias que se constatan entre o alfabeto grego usual e o alfabeto latino. Estas diferencias afectan á forma das letras e tamén ao seu uso. O alfabeto latino conservou dous arcaísmos procedentes dos orientais e máis dos occidentais: o uso da letra H para a representación do son [h] e o uso de Kappa (Q). Coa conquista de Grecia, a lingua latina sufriu unha forte influencia de termos gregos, sobre todo técnicos, e a partir do s II a C veuse obrigada a buscar equivalencias das aspiradas gregas. A solución consistiu en engadir un H ás letras C T P. Na segunda metade do s I a C reaparecen o Z e o Y. Esta última, en latín, xa pasara á forma occidental V. O Z non ocupou o seu antigo lugar, senón o derradeiro. O alfabeto latino, definitivamente constituído, tal e como aparece na fin da República romana (ss I-II a C), comprendía 23 letras, 21 delas eran latinas e 2 gregas.
    Alfabeto galego

    O alfabeto galego está constituído por vinte e tres letras (a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z) que corresponden aos nomes: a, be, ce, de, e, efe, gue, hache, i, ele, eme, ene, eñe, o, pe, cu, erre, ese, te, u, uve, xe e zeta. Ás letras anteditas debemos engadir seis dígrafos (ch, gu, ll, nh, qu, rr), que representan un único son cada un deles: che, gue u, elle, ene hache, cu u e erre dobre. Ademais destas letras no alfabeto galego tamén se utilizan, xeralmente en palabras doutras linguas, os signos j (iota), ç (cedilla), k (ka), w (uve dobre) ou y (y grego).

    Ex: Conxunto de letras empregadas na escritura dunha lingua. É unha palabra composta coas dúas primeiras letras do alfabeto grego, αλ ϕ α (alfa) e βετα (beta). Tamén se utiliza o termo abecedario. É o tipo de escritura máis común no mundo de hoxe e oponse á escritura ideográfica e á silábica. O alfabeto é un sistema de escritura baseado no principio da correspondencia dun signo para cada son ou fonema. O descubrimento do alfabeto correspóndelles principalmente aos fenicios. O alfabeto fenicio O interese polo alfabeto fenicio radica no feito de ser o único que sobreviviu e que deu orixe a todos os grandes sistemas de escritura (agás o de Extremo Oriente) adoptados logo en calquera parte do mundo. Nunha primeira fase o alfabeto fenicio era consonántico. As figuras desta fase atopáronse en Biblos, e o seu alfabeto denomínase fenicio arcaico. Consta de 22 letras, só consoantes, sen que se indique a súa vocalización. Unha variedade é a escritura púnica, menos sobria, de trazos máis longos e lixeiramente sinuosos. Durou ata o s III d C. Os nomes fenicios exactos das letras son descoñecidos e só poden ser conxecturados a partir dos nomes hebreos, gregos ou sirios. Os nomes gregos testemúñanse entre os séculos VI e V a C. No que se refire aos nomes hebreos, existe unha transcrición grega e unha tradición talmúdica tardía. Para os nomes sirios, existen abecedarios sirios dos séculos VII e VIII. En canto á orde das letras, o alfabeto fenicio sufriu, moi probablemente, a influencia do ugarítico, que tendía a pór seguidas as letras semellantes que, por este motivo, se prestaban a confusión para o principiante. A maior parte dos científicos admiten unha relación entre os signos e os nomes. Os alfabetos gregos Pódese afirmar con bastante fundamento que os gregos utilizaron o alfabeto polo menos dende os comezos do século IX a C. A lingua grega posuía particularidades que dificultaban enormemente a anotación por medio da escritura silábica cretense ou a consonántica fenicia. Os gregos adaptaron a escritura consonántica fenicia á súa lingua, resolvendo un dobre problema. Dunha banda, modificaron o valor de certos signos consonánticos e reduciron outros á anotación das vocais. Ademais, e sobre todo, concibiron a idea da descomposición total da sílaba en consoantes e vocais eliminando totalmente a anotación silábica. Esta adaptación viuse facilitada polo feito de que a lingua grega foi anotada primeiro coa escritura silábica cretense, a denominada lineal B, que presenta xa as cinco vocais gregas e coñece só as sílabas abertas con consoante inicial. Alfabetos derivados do grego Ó se iniciar a evanxelización dos godos, no século IV, o Bispo ario Wulfilas compuxo un alfabeto para a escritura do gótico. A tradución que se fixo da Biblia é o monumento máis antigo. Tomou como base o alfabeto grego que se utilizaba daquela. Ex: O alfabeto copto ten 31 letras, 24 delas trasladáronse ao grego. Ex: O alfabeto armenio antigo tiña 36 letras, 31 consoantes e 5 vocais, delas 22 son de orixe grega e as outras 14 representan sons estraños ao grego. A forma máis antiga coñecida da lingua eslava é o eslavón (eslavo antigo), testemuñada dende os séculos IX-X por documentos de carácter relixioso, escritos cos alfabetos glagolítico e cirílico. Ex: O alfabeto glagolítico consta de 40 signos, moitos deles teñen un valor silábico; actualmente non se admite a orixe grega deste alfabeto. Ex: O alfabeto cirílico consta de 40 signos, 24 deles derivan da escritura uncial grega dos séculos VIII-X. No que respecta ao resto, tomou moitos signos do glagolítico. Pedro o Grande (1682-1725) ordenou unha simplificación e reduciuse a 34 letras. O alfabeto ruso estendeuse amplamente polos pobos eslavos de Occidente. Ex: Alfabetos etruscos e itálicos A escritura etrusca constituíu un sistema alfabético moi próximo e derivado evidentemente do grego. Do mesmo xeito ca os gregos, os etruscos empregaban un determinado número de signos para representar as vocais. Consignábanse, pois, todos os sons e non unicamente as consoantes. Os testemuños máis antigos son o alfabeto modelo de Marsiliana, aproximadamente do 700 a C, e a estela de Fiesole cara ao 550 a C. Os testemuños máis tardíos datan aproximadamente da era cristiá. Falábase aínda a lingua etrusca cando a escritura cedera xa á latina. A forma máis antiga do alfabeto, a de Marsiliana, ten 26 letras, das que 21 son consoantes e 5 vocais. A forma clásica contén só 24, delas 4 son vocais. Finalmente, reduciuse a unha vintena. No alfabeto etrusco máis antigo, das 26 letras, 22 son fenicias e 4 tomadas dun alfabeto grego occidental, non precisado. Antes de que o alfabeto latino se impuxera por toda Italia coa conquista romana, existían na Península un gran número de alfabetos locais, cada un deles servía para unha lingua ou dialecto. As súas modificacións e variacións fixéronse segundo a fonética de cada lingua, xa que non todas pertencían ao mesmo tronco. Os pobos que falaban estas linguas recibiron unha grande influencia da civilización etrusca; ás veces, é difícil precisar se tomaron o alfabeto directamente do grego ou por mediación do alfabeto etrusco. Estes alfabetos poden reunirse en tres grupos: o do alfabeto mesapio e o siciliano, que parecen derivar directamente de alfabetos gregos; o do alfabeto piceno e o de Novilara, aínda que non está moi clara a súa relación co alfabeto etrusco e grego; e dos alfabetos osco, umbro, falisco e latino, que parecen provir do alfabeto etrusco. O alfabeto latino O alfabeto latino, como todos os alfabetos etruscos e itálicos, era orixinariamente un alfabeto grego de tipo occidental. De aquí arrancan a maioría das diferencias que se constatan entre o alfabeto grego usual e o alfabeto latino. Estas diferencias afectan á forma das letras e tamén ao seu uso. O alfabeto latino conservou dous arcaísmos procedentes dos orientais e máis dos occidentais: o uso da letra H para a representación do son [h] e o uso de Kappa (Q). Coa conquista de Grecia, a lingua latina sufriu unha forte influencia de termos gregos, sobre todo técnicos, e a partir do s II a C veuse obrigada a buscar equivalencias das aspiradas gregas. A solución consistiu en engadir un H ás letras C T P. Na segunda metade do s I a C reaparecen o Z e o Y. Esta última, en latín, xa pasara á forma occidental V. O Z non ocupou o seu antigo lugar, senón o derradeiro. O alfabeto latino, definitivamente constituído, tal e como aparece na fin da República romana (ss I-II a C), comprendía 23 letras, 21 delas eran latinas e 2 gregas. Alfabeto galego O alfabeto galego está constituído por vinte e tres letras (a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z) que corresponden aos nomes: a, be, ce, de, e, efe, gue, hache, i, ele, eme, ene, eñe, o, pe, cu, erre, ese, te, u, uve, xe e zeta. Ás letras anteditas debemos engadir seis dígrafos (ch, gu, ll, nh, qu, rr), que representan un único son cada un deles: che, gue u, elle, ene hache, cu u e erre dobre. Ademais destas letras no alfabeto galego tamén se utilizan, xeralmente en palabras doutras linguas, os signos j (iota), ç (cedilla), k (ka), w (uve dobre) ou y (y grego).

    Sinónimos: abecedario.
  2. s m [MÚS]

    Notación alfabética.

  3. [LING]
    1. alfabeto fonético Sistematización gráfica convencional por medio da que se intentan transcribir os trazos fonéticos de todo tipo de locucións fónicas. A orixe dos alfabetos fonéticos vén ser simultánea ás primeiras especulacións fonético-ortográficas adecuadas. Realmente a necesidade de alfabetos fonéticos fíxose particularmente evidente cando se constataron tantas discrepancias entre a pronuncia das linguas medievais e os alfabetos de base latina e cirílica -sobre todo en Europa- que a cultura manuscrita impuxera. Axiña se descubriu que cada lingua presenta supostos estruturais propios de tipo fonético e que cumpría buscar as respectivas adecuacións á hora de transcribilos. Isto unido á formación científica diversa de moitos fonetistas, determina a creación dun gran número de alfabetos fonéticos en calquera parte dos países cultos. As relacións entre fonética e lingüística obrigaron a establecer diversos graos de transcrición a partir, sobre todo, da distinción entre transcrición fonolóxica (/a/, /b/), por medio dun alfabeto dotado das unidades distintivas que corresponden a cada lingua, e transcrición fonética ([a], [b]), estreita ou semiestreita, destinada a reflectir os trazos característicos e ata os accidentais de cada emisión fónica da fala, por medio dun alfabeto fonético, ademais dun conxunto de signos diacríticos que, ao unirse ás grafías fonemáticas, servirán para indicar todo tipo de modificacións alofónicas ou ocasionais.

    2. alfabeto fonético internacional

  4. [COMUN]

    alfabeto Morse

  5. [COMUN]

    alfabeto telegráfico

  6. adx e s [PEDAG]

    Dise da persoa que sabe ler e escribir.

Palabras veciñas

alfabético -ca | alfabetización | alfabetizar | alfabeto | Alfacar | alface* | Alfacer