Abel
Abel
Segundo o libro da Xénese, fillo segundo de Adán e Eva. Foi o primeiro pastor e ofrecía a Deus sacrificios máis gratos ca os do seu irmán Caín, agricultor e primoxénito, que por envexa asasina a Abel, primeiro asasinado da historia. O mito de Caín e Abel reflicte a actitude do pobo de Israel, dedicado ao pastoreo, con respecto a outros modos de vida distintos ao propio (especialmente os dos seus veciños labregos) durante o II milenio a C, momento de formación da súa tradición oral. A súa festa é o 28 de decembro, día dos Santos Inocentes, moi celebrado na Galicia tradicional.