Abel Vilela, Adolfo de
Enxeñeiro Técnico Agrícola e Doutor en Historia da Arte.
A súa carreira políticacomeza en 1973 como Delegado de Acción Política e Participación do Movemento Nacional. No 1978 ingresou en Alianza Popular onde ocupou os cargos de Secretario e Presidente Provincial de Lugo ata 1982. Nas eleccións autonómicas de 1981 encabezou a candidatura pola circunscrición de Lugo onde acadou a acta de deputado na primeira lexislatura do Parlamento de Galicia.
En 1987 abandonou Alianza Popular e ocupou a secretaría da Coalición Progresista e Independente de Lugo. Foi, sucesivamente, Delegado Provincial en Lugo das Consellerías de Cultura, de Educación e Cultura e de Cultura e Benestar Social. Ocupou o cargo de Director Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitario ata 1989, ano en que cesou para encabezar a candidatura ao Congreso dos Deputados por Coalición Galega. Abandonou a actividade política en xullo do 1993.
Autor de numerosos libros relacionados coa arquitectura, urbanismo e arte na cidade de Lugo, entre outros, destacan: Origen de las edificaciones adosadas a la muralla de Lugo (1974); Guía arqueológica romana de Lugo y su provincia (1975); Lugo, cita con dos siglos. 1886-1926 (1981); El castillo fortaleza de la ciudad de Lugo (1994); O casco histórico de Lugo: Rehabilitación e conservación (1995); El alfar del barrio del Pájaro y el doctor Castro (1998). Lugo. Guía. Catedral. (Galego). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo (2009). La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza(2009). San Froilán dos devanceiros. A orixe das festas contemporáneas. Lugo: Concello de Lugo(2015).
Tamén cómpre destacar a súa actividade como artista plástico, con técnicas de estampación e gravado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lugo