Abelar, Manuel de

Abelar, Manuel de

Pintor compostelán que viviu entre os séculos XVI e XVII. Ten actividade documentada en Ourense, segundo consta nos Protocolos do Arquivo Notarial de Ourense dos escribáns Francisco Fernández e Juan Prezado de 1598 e 1599. Traballou acotío como dourador e pintor xunto co escultor Francisco de Moure e o entallador Alonso Martínez. Entre outras obras pintou unha escultura de san Roque e un retablo de Francisco Moure.

Palabras veciñas

abelaneiro | abelanoira | abelao | Abelar, Manuel de | Abelardo | Abelardo, Pedro | Abeleda