Abelardo

Abelardo
[ONOM]

Etimoloxicamente este antropónimo deriva de Eberardo, nome composto de ebar ‘príncipe’ e hard ‘valente’, que mudou a súa forma debido probablemente á confluencia con Abel. Carece de santo patrón pero o seu uso como nome espallouse a partir do s XIII por mor da sona acadada polo teólogo bretón Pedro Abelardo, amante tráxico de Eloísa. A festa de Abelardo, coma a de Abel, celébrase o 28 de decembro. Na tradición oral recóllense cantigas como: Como che vai, Abelardo, / como che vai, meu amor? / -Desde que ti me deixaches / vaime de mal en peor (trad. oral).

Palabras veciñas

abelanoira | abelao | Abelar, Manuel de | Abelardo | Abelardo, Pedro | Abeleda | Abeleda