abelorio

abelorio

(< ár al-balluri ‘cristal’< lat bēryllu ‘berilo’)

  1. s m

    Elemento decorativo que consiste nunha pequena bóla de vidro aburatada. Normalmente ten diversas cores, vai combinada ao chou con outras e na súa disposición emprégase un arame ou fío no que vai ensartada formando parte dun conxunto.

    Sinónimos: conta, doa.
  2. s m

    Colar, pendentes, pulseira ou calquera outro adorno feito con esas pezas.

  3. s f [ETN]

    Atavíos empregados como adorno na vestimenta feminina, especialmente nas pezas do traxe tradicional como o dengue ou o mantelo. Tamén serven para decorar utensilios e trebellos caseiros.

  4. s m

    Adorno insignificante, de pouco valor ou consideración.

    Ex: É unha rapaza que gusta moito de adornarse con abelorios.

Frases feitas

  • Non valer un abelorio. Que ten escaso valor.

Palabras veciñas

Abellón | abelmosco | abelo | abelorio | abeloura | abelouro | Abelson, Philip Hauge