abelorio
abelorio
(< ár al-balluri ‘cristal’< lat bēryllu ‘berilo’)
-
s
m
Elemento decorativo que consiste nunha pequena bóla de vidro aburatada. Normalmente ten diversas cores, vai combinada ao chou con outras e na súa disposición emprégase un arame ou fío no que vai ensartada formando parte dun conxunto.
Sinónimos: conta, doa. -
s
m
Colar, pendentes, pulseira ou calquera outro adorno feito con esas pezas.
-
s
f
[ETN]
Atavíos empregados como adorno na vestimenta feminina, especialmente nas pezas do traxe tradicional como o dengue ou o mantelo. Tamén serven para decorar utensilios e trebellos caseiros.
-
s
m
Adorno insignificante, de pouco valor ou consideración.
Ex: É unha rapaza que gusta moito de adornarse con abelorios.
Frases feitas
-
Non valer un abelorio. Que ten escaso valor.