conta
(< contar)
-
s
f
Acción e efecto de contar.
Ex: Xa perdín a conta das chamadas que fixen hoxe.
-
s
f
Cálculo dunha cantidade mediante operacións matemáticas. Na tradición recóllense ditos como: “As contas, claras, e os homes, de poucas palabras. As contas da casa non dan coas da praza. As contas de Xan son como as fan, e as de Pedro son como as quero. Conta e razón sostén amistade e unión. Conta errada que non valla, que o erro non fai paga. Conta mal feita téñase por desfeita. Contas claras honran as caras. Contas de beato, e unllas de gato”.
Ex: No colexio xa comezou a facer contas sinxelas. Se naceu no corenta e dous, bótalle a conta ós anos que ten.
-
[ECON]
-
s
f
Relación de cantidades que refliten unha actividade mercantil ou doutro tipo na que hai ingresos e gastos.
-
conta bancaria
Conta aberta entre un banco e os seus clientes na que se reflicte a situación acredora ou debedora dunha persoa ou de varias persoas, físicas ou xurídicas, nas operacións que mantén coa entidade bancaria.
-
conta corrente
Modalidade de depósito caracterizada pola liquidez inmediata e a rapidez das operacións. A súa dispoñibilidade está limitada polo seu saldo, agás que a entidade depositaria permita o descuberto en conta.
-
conta financeira
Tipo de conta na que os fondos depositados se colocan en activos financeiros, públicos ou privados, cunha liquidez asegurada ou moi elevada.
-
contas anuais
Información contable e non contable elaborada anualmente polo xestor dunha sociedade para informar da evolución económica e financeira desta. Comprende o balance, a conta de perdas e ganancias, e a memoria. As contas anuais deben estar dispoñibles no rexistro mercantil.
-
s
f
-
s
f
-
Cantidade que se debe ou que hai que cobrar.
Ex: Tiven que lle pagar a conta do aluguer.
-
Nota na que se indica a cantidade que se debe.
Ex: O camareiro tróuxonos a conta cando lla pedimos.
-
-
s
f
Asunto que incumbe a dúas ou máis persoas, especialmente cando está pendente de resolución.
Ex: Eles e mais nós aínda temos varias contas sen amañar.
-
s
f
Explicación dalgunha cousa que se levou a cabo. OBS: Emprégase cos verbos dar e pedir.
Ex: Ó chegar a casa vas ter que dar conta de ónde estiveches ata tan tarde.
-
s
f
Cada unha das pequenas bólas enfiadas nun rosario.
Ex: Durante o velorio as vellas ían movendo as contas segundo rezaban oracións.
Sinónimos: abelorio, doa. -
[COMUN]
-
s
f
Cliente ou anunciante no ámbito da publicidade.
-
departamento de contas
Grupo de persoas que se ocupan do servizo ao anunciante e da coordinación de todos os traballos que se realizan para este nunha axencia de publicidade.
-
s
f
-
[DER]
-
s
f
Contrato polo que dúas persoas que están nunha relación permanente e continuada de negocios, pactan entre elas a inesixibilidade illada dos créditos respectivos. Usualmente, unha persoa acorda co seu provedor o aprazamento dos pagos dos artigos que compra ata un momento predeterminado. Durante este período, o provedor abre un crédito limitado ao seu cliente, que deberá aboar o saldo resultante ao final.
-
conta en participación
Contrato de sociedade non dependente de ningunha formalidade polo que un suxeito entrega a un comerciante ou empresario unha parte do seu capital, co fin de participar nos posibles beneficios ou perdas que o devandito empresario obteña na xestión das súas propias operacións.
-
conta xurada
Procedemento privilexiado a disposición dos procuradores e avogados para que poidan facer efectivos, polo procedemento de prema, os seus honorarios profesionais fronte aos seus clientes na representación ou defensa nun litixio.
-
s
f
-
s
f
[INFORM]
Espacio designado nun sistema informático para almacenar datos. Emprégase, principalmente, referíndose á comunicación por rede como equivalente a enderezo de correo electrónico.
-
s
f
[TÉXT]
Número determinado de fíos que teñen os tecidos segundo a súa calidade.
-
conta atrás
-
Enumeración do tempo que queda para comezar unha cousa programada contando ao revés ata chegar a cero.
-
[AERON]
Enumeración do tempo que queda para a hora T na que se programou o lanzamento dun foguete. A interrupción temporal da operación de conta atrás comporta o correspondente aprazamento do instante de lanzamento. A cada tempo da conta corresponde a realización dunhas determinadas operacións. A fase final da conta atrás faise enumerando os segundos dende dez ata cero.
-
-
conta corrente bancaria
[DER]
-
Contrato polo que un banco se obriga, fronte ao seu cliente, a realizar os pagos e os cobros que lle ordene co límite da dispoñibilidade do saldo. Neste sistema, o banco emprega a técnica contable da anotación por partida dobre, para reflectir a situación de crédito ou de débeda na que estean os clientes en relación cos fondos dos que poidan dispoñer.
-
Documento no que se estipula esta relación.
Sinónimos: nos, túa.
-
Refráns
- A conta, de preto; o amigo, de lonxe.
- A contas novas, barallas vellas.
- A contas vellas, barallas novas.
- As contas de Xan son como as fan.
- As contas de Xan son como as fan; e as de Pedro son como as quero.
- As contas, claras; e os homes, de poucas palabras.
- Coas contas ¡moita conta!
- Conta axustada é medio paga.
- Conta e razón sostén amistade e unión.
- Conta é razón; o demais, non.
- Conta errada, que non valla: que o erro non fai paga.
- Conta mal feita téñase por desfeita.
- Contas claras honran as caras.
- Contas de beato e unllas de gato.
- Contas non son contos.
- Entre amigos non hai conta: o que máis pon, máis se amoca.
- Haxa boa conta, que o demais tanto monta.
- Non deixes que sexan vellas as contas e as débedas.
- Por ben que se bote a conta, non sempre sae ao dereito.