Aben Aboo

Aben Aboo

Nobre mourisco granadino. Participou activamente na insurrección dos mouriscos de Granada (1568). Proclamouse Rei dos andaluces (1569) despois de derrocar o seu curmán Aben Humeya. Algúns dos seus homes, que se venderan aos cristiáns, asasinárono logo de máis dun ano de rebelión. O seu cadáver foi esnaquizado e a súa cabeza expúxose publicamente en Granada dentro dunha gaiola de ferro. O seu nome cristián era Diego López.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mecina

  • Deceso

    Lugar : Huzum