Aberdeen

Aberdeen

Capital da rexión de Grampian, en Escocia, Gran Bretaña, situada nunha chaira litoral do Mar do Norte, entre o Don e o Dee (190.465 h [1996]). Porto de mar, aeroporto e nó ferroviario, é o centro rexional da Escocia do NL. Dende a década de 1970, converteuse na base principal para a explotación de petróleo no Mar do Norte. Residencia real do s XII ao s XIV. Cómpre destacar a súa universidade (1494) e a súa catedral (ss XIV-XVI).