Aberri Eguna*
Aberri Eguna*
Festa do Día da Patria, que se celebra cada ano en Euskadi o domingo de Pascua. Dende a súa institución (1932) como homenaxe aos irmáns Luis e Sabino de Arana Goiri, baixo os auspicios do PNV, ten un carácter marcadamente popular e de reivindicación nacionalista.