Abgar V de Edesa
Abgar V de Edesa
Rei de Edesa, en Mesopotamia, a quen se lle atribúe correspondencia con Xesucristo. Segundo a versión desta lenda recollida por Eusebio de Cesarea (s IV), Xesucristo enviou unha resposta escrita por medio do apóstolo Xudas Tadeo, quen habería bautizar a Abgar. Esta correspondencia foi declarada apócrifa polo Decreto Pseudoxelasiano (s VI). A lenda puido ter tamén a súa orixe no desexo de darlles aos edesios unha antigüidade superior á súa conversión, realizada en tempos de Abgar IX (179-214).
Cronología
-
Nacemento
-
Deceso