Abies
Abies
(< gr ἀβιοϛ‘moi corpudo’)
[PLANTA]
Xénero de árbores constituído por 33 especies e 22 subespecies ou razas xeográficas, propias do hemisferio norte onde cobren enormes extensións en altas latitudes. Son importantes elementos formadores de taiga, como a A. balsamea en Norteamérica e a A. sibirica en Asia, e repréganse en áreas de montaña con latitudes máis baixas, como a A. pinsapo no sistema Bético e no Atlas. Reciben o nome común de abeto.