abiético, ácido

abiético, ácido
Nome científico: [C<sub> 20</sub> H<sub> 30</sub> O<sub> 2</sub> ]
s m [QUÍM]

Composto ácido que se obtén da colofonia, de estrutura derivada do fenantreno. Cando non é puro contén outros ácidos resinosos. Utilízase na industria do xabrón e tamén para a obtención dos seus sales e ésteres denominados abietatos ou, se o produto de partida non é puro, resinatos.

Palabras veciñas

Abies | abietácea | abietato | abiético, ácido | abietina | abietoidea | Abigail