abiose
abiose
(< a + bio + se < gr ἀβιοσις < ἀ ‘sen’+ βίος ‘vida’ +-σις ‘acción’)
-
s
f
[BIOL]
Suspensión aparente da vida por redución da actividade metabólica. Polo xeral, é unha forma de resistencia dos seres vivos ante un medio adverso, e acostuma comportar a súa deshidratación e a aparición de cubertas illadoras. Protozoos e bacterias presentan as formas de abiose máis conspicuas: cistes e endosporas, respectivamente. Outras formas de abiose son as esporas perdurables, as sementes das plantas superiores e os esclerocios dos fungos.
-
s
f
[ESOT]
Estado de morte aparente.