abiótico -ca

abiótico -ca

(< abiose)

  1. adx [BIOL]

    Relativo ou pertencente á abiose.

  2. adx [BIOL]

    Certos axentes físicos, como os raios ultravioleta ou os raios X, que teñen a propiedade de producir a morte das células por transformacións citoplasmáticas ou nucleares.

  3. [ECOL]
    1. adx

      Característica que se lle aplica a un medio onde a vida non está presente.

    2. factores abióticos

      Compoñentes non vivos do medio que afectan directamente aos seres vivos. Inclúense os factores climáticos, edáficos e fisiográficos.

Palabras veciñas

Abiola, Moshood | abiónimo | abiose | abiótico -ca | abiotrofia | abiotrófico -ca | abioxénese