abipón
abipón
-
adx
Relativo ou pertencente aos abipóns ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Pobo amerindio da familia guaicurú, que no s XVIII se localizaba no río Paraná e estaba dividido en tres subgrupos: os do bosque, os da chaira e os das augas. Con anterioridade espalláranse polo Chaco, dende o río Bermejo ata Córdoba. Hoxe perviven algunhas comunidades na ribeira setentrional do río Bermejo ata o río Salado, en territorio arxentino.
-
s
m
[LING]
Lingua case extinta da familia guaicurú que segundo a súa estrutura debe estar emparellada coas linguas toba e mokoví.