abipón

abipón
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos abipóns ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Pobo amerindio da familia guaicurú, que no s XVIII se localizaba no río Paraná e estaba dividido en tres subgrupos: os do bosque, os da chaira e os das augas. Con anterioridade espalláranse polo Chaco, dende o río Bermejo ata Córdoba. Hoxe perviven algunhas comunidades na ribeira setentrional do río Bermejo ata o río Salado, en territorio arxentino.

  3. s m [LING]

    Lingua case extinta da familia guaicurú que segundo a súa estrutura debe estar emparellada coas linguas toba e mokoví.

Palabras veciñas

abiotrófico -ca | abioxénese | abioxenético -ca | abipón | abirta | abirtar | Abirtar