abiotrófico -ca

abiotrófico -ca

(< abiotrofia)

  1. adx [PAT]

    Relativo ou pertencente á abiotrofia.

  2. enfermidades abiotróficas [PAT]

    Conxunto heteroxéneo de enfermidades principalmente heredodexenerativas. Críase que o seu factor principal común era a abiotrofia. Na actualidade este concepto está suxeito a revisións, xa que agora se considera subordinado a un transtorno metabólico ou nutricional, á acción dun virus lento ou a outras causas.

Palabras veciñas

abiose | abiótico -ca | abiotrofia | abiotrófico -ca | abioxénese | abioxenético -ca | abipón